Biblioteca Franciscana - Provincia de Santiago

Novas e eventos

Novidades, conferencias...

A biblioteca e o arquivo da Provincia Franciscana de Santiago no Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento

titulo
Hoxe mércores día 12 de xullo de 2017 celebrouse na sede do Insituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, o seminario "O arquivo e a biblioteca Franciscana de Santiago", impartido polos técnicos Verónica Arán e Francisco J. Leira. Na charla mostrouse o patrimonio documental e bibliográfico co que conta a Provincia Franciscana de Santiago, da cal é Ministro Provincial, Fr. José Antonio Castiñeira. Na actualidade o arquivo está dirixido por Fr. Enrique Mourille e a biblioteca por Fr. Miguel de Mata. 

Dicir que a presenza da biblioteca e o arquivo da Provincia, neste seminario é un importante paso para dar visibilidad ao noso patrimonio e que poida ser consultado polos historiadores. Nese seminario participaron arquiveiros e bibliotecarios de institucións de toda España, desde o arquivo de Simancas ao Histórico Nacional. Dicir que o Instituto de Estudos Galegos "Padre Sarmiento" (IEGPS) foi creado en 1943 e é un centro de investigación do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Desde o ano 2000 é un centro compartido entre o CSIC e a Xunta de Galicia. Ao longo da segunda metade século pasado, o seu campo de actuación abarcou as distintas disciplinas humanísticas, con referencia sempre a Galicia, destacando o seu labor no desenvolvemento de proxectos de investigación, así como na promoción e dinamización cultural. Na actualidade, as súas actividades concéntranse no ámbito da Historia, desde a Idade Media á Contemporánea. No seminario participaron o seu director Dr. Eduardo J. Pardo de Guevara e Valdés ou o Dr. Isidro García Tato e presentou e moderou o debate o Dr. Pablo S. Otero Piñeyro Maseda.
A biblioteca e o arquivo da Provincia Franciscana de Santiago no Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento A biblioteca e o arquivo da Provincia Franciscana de Santiago no Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento A biblioteca e o arquivo da Provincia Franciscana de Santiago no Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento A biblioteca e o arquivo da Provincia Franciscana de Santiago no Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento A biblioteca e o arquivo da Provincia Franciscana de Santiago no Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento A biblioteca e o arquivo da Provincia Franciscana de Santiago no Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento A biblioteca e o arquivo da Provincia Franciscana de Santiago no Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento A biblioteca e o arquivo da Provincia Franciscana de Santiago no Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento
Provincia Franciscana de Santiago
Liceo Franciscano
Editorial El Eco Franciscano
Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia

Copyright © 2018 Biblioteca Franciscana - Todos os dereitos reservados | Privado - Aviso legal - Política de privacidade - Cookies // Web realizada por Ikono.es

Ir arriba