Biblioteca Franciscana - Provincia de Santiago
A Biblioteca do Convento de San Francisco de Santiago de Compostela foi fundada no século XIII. Os fondos proceden de adquisicións, donacions, libros dos frades e, na última época, libros recolleitos das bibliotecas doutros conventos. Consérvanse 76 incunables e post-incunables, algúns moi raros como o "Tratado da Misa" ou "Memoria da nosa redención" de Sancho Pérez Machuca (Valladolid, 1497), do que Haebler e Vindel só coñeceron un exemplar na Biblioteca Nacional de Lisboa. Moi raro é tamén o "Tratado da confesión" de Tostado. Un incunable (del latín incunabulae) é todo libro impreso producido dende a invención da imprenta hata o 1 de xaneiro do 1500, polo que estamos ante un importante patrimonio bibliográfico que posiciona á Biblioteca Histórica da Provincia Franciscana de Santiago dentro das mellores de Galicia.

Merece especial atención a colección de 47 cantorais que son testemuña da tradición litúrxica, así como dunha época socioecómica que nos fala do comercio do libro, copistas, relacións entre institucións compostelás, influencia da arte e a estética da época, etc.

Así mesmo, abundan os libros do século XVI ata o XVIII. O total dos fondos calcúlase en aproximadamente 100.000 volumes. Existen coleccións bíblicas e patrísticas, repertorios históricos e documentais como os anais de Baronio e de Lucas Wadding, os Bullaria ou as grandes enciclopedias eclesiásticas; autores escolásticos, clásicos latinos e romances; teoloxía, dereito, historia e unha sección americanista de gran interese.
 
 
Acceso á Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia (abrirá nunha nova pestana) para consultar os libros da Biblioteca Franciscana da Pronvicia de Santiago..
Provincia Franciscana de Santiago
Liceo Franciscano
Editorial El Eco Franciscano
Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia

Copyright © 2018 Biblioteca Franciscana - Todos os dereitos reservados | Privado - Aviso legal - Política de privacidade - Cookies // Web realizada por Ikono.es

Ir arriba