Biblioteca Franciscana - Provincia de Santiago
Fondo Fr. Darío Cabanelas
Naceu en Trasalva, provincia de Ourense, o 20 de decembro de 1916. Cursou humanidades no Colexio de Herbón foi a Santiago para entrar na orde, recibindo profesión solemne en 1937. Ordenouse sacerdote en 1940. Foi destinado a estudar na Universidade Central de Madrid, empezando a centrar os seus estudos na filoloxía árabe, na que se converteu nun dos máximos referentes españois. Formou parte do CSIC e en 1948 obtén o grado de doutor. Deu clases na Universidade Central de Madrid e posteriormente a cátedra de Lingua Árabe da Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Granada. En 1955 noméano xefe da sección de Filosofía hispanomusulmana da Escola de Estudos árabes do CSIC. En 1959, o Ministerio de Educación desígnao membro do patronato da Alhambra e do Palacio Carlos V de Granada.

Converteuse nun dos máis importantes arabistas españois, converténdose os seus traballos en filoloxía en referencia para as xeracións posteriores.

O seu fondo está situado na Biblioteca Provincial, formando un fondo separadamente.
Acceso á Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia (abrirá nunha nova pestana) para consultar os libros da Biblioteca Franciscana da Pronvicia de Santiago..
Provincia Franciscana de Santiago
Liceo Franciscano
Editorial El Eco Franciscano
Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia

Copyright © 2018 Biblioteca Franciscana - Todos os dereitos reservados | Privado - Aviso legal - Política de privacidade - Cookies // Web realizada por Ikono.es

Ir arriba