Chamado
Convento de San Antonio de Herbón, emprazado no concello de Padrón, A Coruña.
Fundouse en 1396 polo Frade Gonzalo Mariño, restaurador da Observancia na provincia. Nos séculos XVI e XVII ampliáronse as dimensións do convento grazas ás donacións feitas polo cabildo da Catedral de Santiago.
En 1702 converteuse en Colexio de Misioneros, que favoreceu a creación dunha importante biblioteca para a formación dos relixiosos. Moitos deles saíron destino a América ou a Terra Santa e Marrocos. Coa exclaustración, tiveron que marcharse do convento, pero regresaron
no 1875, converténdose en Seminario de formación, onde a cultura era parte fundamental.
No 1891 trasladouse a Herbón o Colexio Seráfico para aspirantes que quixesen entrar na Orde, antes sita en Louro.