Biblioteca Franciscana - Provincia de Santiago
Son os libros que teñen máis de cen anos, data de consenso entre os investigadores en biblioteconomía. Trátase dunha colección duns 80.000 libros, na súa maioría dos séculos XVI e XVII. Unha auténtica xoia bibliográfica para os estudosos do libro, de historia, de historia da arte, de filoloxía ou teoloxía. O groso da colección está centrado nos campos de estudo da Orde Franciscana, pero tamén conta con abundantes libros de filosofía, literatura ou historia. Como case todas as bibliotecas de fondo antigo están organizadas temáticamente e por nivel de importancia para o bibliotecario, un indicador do pensamento da época. Neste sentido, a organización, segundo o catálogo de 1917, é a seguinte:
  • Biblias e comentarios de biblias.
  • Tradición, concilios e liturxias..
  • Tradición, pais da Igrexa.
  • Sagrada Teoloxía.
  • Teoloxía dogmática.
  • Teoloxía dogmática moral.
  • Moral, catequista e predicación.
  • Predicación.
  • Predicación e ascética.
  • Ascética e mística.
  • Apoloxética.
  • Dereito canónico e civil.
  • Filosofía.
  • Artes e linguas.
  • Linguas e literatura.
  • Linguas e literatura.
  • Xeografía e historia.
  • Historia profana.
  • Historia eclesiástica.
 
Entre estes fondos atópase 72 incunables e post-incunables. Estes últimos, denominámolos así, malia ser un término controvertido entre os expertos, porque están publicados con posterioridade ao día de Pascua de 1500, pero están realizados do mesmo xeito que antes de 1500. Entre os máis destacados están:
  • Fr. Jacobus de Voragine Lenda aurea publicado en Lyon en 1509.
  • Fr. Nicolas de Lira unha biblia sacra de Basilea de 1495 tachada a impresión de Johan Froben pola inquisición.
  • Alfonso Tostado Madrigal o confesional de 1499 impreso en Salamanca que segundo o Incunable Short Title Catalogue da British Library só atópase en dúas institucións: San Francisco e en EEUU.
 
E entre os post-incunables
  • Fr. Francisco Jiménez de Cisneros, Ofm, Biblia Polyglota, Compliti, 1514. (4. vols.).
  • Ovidio, Metamorphoseos, 1503.
  • S. Thomas Aquinatis, In Aristotelis Physuca et Metaphysuca lucilentissima Commentaria, Venetiis, 1502.
Acceso á Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia (abrirá nunha nova pestana) para consultar os libros da Biblioteca Franciscana da Pronvicia de Santiago..
Provincia Franciscana de Santiago
Liceo Franciscano
Editorial El Eco Franciscano
Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia

Copyright © 2018 Biblioteca Franciscana - Todos os dereitos reservados | Privado - Aviso legal - Política de privacidade - Cookies // Web realizada por Ikono.es

Ir arriba