Na zona de Muros, provincia da Coruña, foi
fundado no século XIII. Foi colexio seráfico antes da súa exclaustración. Con esta, o convento foi abandonado e só puideron volver no 1875, grazas a testamentaría de Manuel García Pan. No 1877 construíuse un Viacrusis baixo a dirección de Ambrosio Polo e foi renovado en 1979 por Fr. Conrado Lucas.
Conta cunha
pequena biblioteca baseada en temas relativos á súa función como colexio seráfico, polo que aínda conserva fondo antigo. Tamén
ten a biblioteca conventual que serve para a formación permanente da comunidade relixiosa.