Biblioteca Franciscana - Provincia de Santiago
Fondo Fr. Manuel Castro Castro
Naceu en Caldas de Reis, provincia de Pontevedra, o 10 de agosto de 1918. Tivo a profesión solemne en 1939 e ordenouse sacerdote o 20 de xuño de 1943. En 1946 consegue o diploma en biblioteconomía no Instituto Internacional da Casa de América de Madrid. En 1953 obtén o título de doutor en Historia. Foi encargado da cátedra de Arte e Metodoloxía no Seminario Maior que a provincia de Santiago tiña no convento de San Francisco de Santiago, así como bibliotecario provincial. En 1958 forma parte da redacción do Arquivo Iberoamericano, polo que é trasladado a Madrid ao Colexio Cardenal Cisneros.

A súa obra escrita é fundamental para entender a historia da provincia. Escribiu numerosos libros e colaborou con prensa relixiosa e segrar. Foi un dos historiadores sobre o franciscanismo máis recoñecidos a nivel nacional durante a súa vida.

O seu fondo documental forma parte da Biblioteca Monumental, pero no seu catalogación mantense que pertenceu a el.
 
Acceso á Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia (abrirá nunha nova pestana) para consultar os libros da Biblioteca Franciscana da Pronvicia de Santiago..
Provincia Franciscana de Santiago
Liceo Franciscano
Editorial El Eco Franciscano
Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia

Copyright © 2018 Biblioteca Franciscana - Todos os dereitos reservados | Privado - Aviso legal - Política de privacidade - Cookies // Web realizada por Ikono.es

Ir arriba