A iniciativa Apadriñar un Libro busca recoller fondos que axuden a restaurar libros que se atopen en mal estado e para conservar o patrimonio bibliográfico da Biblioteca Franciscana da Provincia de Santiago.
O convento franciscano de Santa Marta de Vigo fundouse en 1551, grazas ao descalzo Fr. Juan Pascual. Foi casa de noviciado, onde se impartía clase de filosofía. O antigo edificio foi destinado a casa de hospicio, mentres que se creou un convento en 1958. Teñen unha biblioteca conventual sobre temas filosóficos, históricos e teolóxicos.