Biblioteca Franciscana - Provincia de Santiago

Novas e eventos

Novidades, conferencias...

Os franciscanos de Santiago en tempos de pandemia: a gripe española e o covid-19

titulo
Os franciscanos de Santiago en tempos de pandemia: a gripe española e o covid-19
 
A pandemia da gripe española matou, entre os anos 1918 e 1920, a máis de 40 millóns de persoas en todo o mundo, dentro do marco da I Guerra Mundial na que España. por ser pais neutra, foi quen informou sen censuras acerca da situación pandémica nos medios de comunicación, motivo polo cal denominouse gripe ·española", habéndose detectado os primeiros casos na base militar de Fort Riley nos Estados Unidos, o 4 de marzo de 1918. España, a pesar de non ser o epicentro do problema, foi o pais mais castigado con mais de 8 millóns de persoas infestadas e 300.000 falecidos. O brote da influenza virus A afectou a xóvenes e adultos sen patoloxçías previas entre os 20 e 40 anos.

Un século dispois, o covid-19 segundo os primeiros casos detectados na cidades de Wuham en decembro de 2019, con epicentro no mercado de Huanan, contaxiou a mais de 99.864.391 persoas, 2.149.700 falecidos a nivel mundial. En España, en plena terceira onda, contamos con 2.629.817 casos de contaxios confirmados e 56.799 falecidos.

Queremos recordar o papel que tiveron os franciscanos do Convento de San Francisco en Santiago de Compostela durante as pandemias.

En 1918 os sacerdotes franciscanos foron solicitados polo arzebispado[1] para que puidesen atender os enfermos do Hospital de San Roque, pois o clero diocesano, entre verse afectado pola epidemia gripal, e o incremento de casos, non eran capaces de atender a todolos enfermos e moribundos, así como dar sepultura os falecidos. Tal foi así, que o alcalde envía unha carta con data de 15 de xaneiro de 1919 agradecendo os servicios prestados na que dí: “...la ciudad de Santiago no ha de olvidar la eficaz y generosa labor de V. en momentos tan angustiosos, cuando la enfermedad reinante invadía los hogares y sembraba el pánico en derredor de los que sufrían pérdidas de familia…”[2].

As perdas foron cuantiosas, e os momentos exhaustos e duros. Todo quedou na lembranza colocándose unha placa no claustro do edificio Fonseca, escola de Medicina naqueles tempos, adicada os sacrificios da clase médica; ademais de quedar recollido no libro de actas do ayuntamiento[3], na sesión celebrada o 18 de dicembro de 1918, no cadro de honor no que se rexistran os nomes daqueles que ofreceron os seus servicios para combatila epidemia, como foi o caso dos frades franciscanos de Santiago.

Esto acontecióa no 1918 e 1919. Hoxe, co covid-19, os franciscanos también ofrecen os seus servizos de acollida os mais desfavorecidos que perderon seu traballo, a xente sen fogar, recolléndoos no albergue do Centro Social e Cultural Xoan XXIII, aberto fai máis de 40 anos, intentando ampliar as escasas 25 prazas (que nos días de frío convírtense en 40) sen conseguilo, dada las normativas administrativas. O albergue non só da cobixo, alimento e consuelo a un millar de persoas cada ano, se non que tamén ofrece servizos de ropeiro, banco de alimentos, asistencia social, asesoramiento legal, formación e orientación laboral. Durante o confinamiento tiveron que seguir protocolos de seguridade pra mantelas distancias i evitar a cadea de contaxios, polo que reducéronse as prazas. Nesta pandemia, forono os franciscanos quenes acudiron a pedir axuda, pois non poden atender a todolos que se achegan por falta de espacio, pero contan cos voluntarios e, como non, tamén con Cáritas.
 
 
 
 
 
 
[1] Archivo Franciscano de la Provincia de Santiago (AFPS). Correspondencia 1916-1920. Sign. 1/4
[2] Ibídem
[3] Archivo Histórico Santiago. Libro de Actas del ayuntamiento de 1918. A.M. 475, fol. 148-149
Provincia Franciscana de Santiago
Liceo Franciscano
Editorial El Eco Franciscano
Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia

Copyright © 2018 Biblioteca Franciscana - Todos os dereitos reservados | Privado - Aviso legal - Política de privacidade - Cookies // Web realizada por Ikono.es

Ir arriba