Biblioteca Franciscana - Provincia de Santiago

Novas e eventos

Novidades, conferencias...

Na actualidade están realizando as súas prácticas de grado estudantes de historia e historia da arte na Biblioteca Provincial

titulo
Como consecuencia da firma do convenio entre a Provincia Franciscana e a Universidade de Santiago, a biblioteca decidiu acoller aos alumnos que deseén realizar as súas prácticas neste centro. É un proceso formativo onde os/as alumnos/as simplemente teñen o obxectivo de aprender o oficio de bibliotecario, que é unha biblioteca patrimonial, as partes dun libro anticuo, catalogalos e coñecer a historia da orde para comprender onde se atopan. Desde a firma de prácticas estiveron oito alumnos coas tres que están traballando agora. A verdade é que é increible as ganas coas que realizan o traballo, o interese por aprender, un espello onde mirarse en moitas ocasións. Un exemplo de que os máis novos teñen moito que dicir no futuro. Os/as  estudantes son tutorizadas polo dir. tecnito Francisco J. Leira, que ademais de intentar humildemente ensinarlles ess cousas proponlles visitas a outros centros para saber como traballan, posto que é unha forma importante de aprender.
Provincia Franciscana de Santiago
Liceo Franciscano
Editorial El Eco Franciscano
Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia

Copyright © 2018 Biblioteca Franciscana - Todos os dereitos reservados | Privado - Aviso legal - Política de privacidade - Cookies // Web realizada por Ikono.es

Ir arriba