Biblioteca Franciscana - Provincia de Santiago

Novas e eventos

Novidades, conferencias...

Exposición das obras de Erasmo de Róteram na Biblioteca Provincial Franciscana

titulo
No contexto da exposición Erasmus Compostellanus aberta ata o 14 de marzo na Biblioteca Xeral, o Dr. D. Justo Carnicero Méndez-Aguirre, comisario da mesma, fixo unha presentación das obras de Erasmo de Róterdam conservadas na Biblioteca Provincial Franciscana. Asistiron membros de persoal técnico da Biblioteca Xeral, investigadores de outras institucións, así como alumnos da Universidade de Santiago. Os asistentes puideron visualizar e manexar varios exemplares de autoría erasmiana:
De octo partium constructione libellus, 1541
Colloquia, 1693
Biblia Vulgata, 1538
Tomus primus omnium operum D. Aurelii Augustini Hipponensis Episcopi, 1555

O repertorio das obras erasmianas recollidas na Biblioteca Provincial pódese consultar no proxecto en liña Bibliotheca Erasmiana Hispanica na seguinte ligazón http://www.uco.es/humcor/behisp/
Provincia Franciscana de Santiago
Liceo Franciscano
Editorial El Eco Franciscano
Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia

Copyright © 2018 Biblioteca Franciscana - Todos os dereitos reservados | Privado - Aviso legal - Política de privacidade - Cookies // Web realizada por Ikono.es

Ir arriba