Biblioteca Franciscana - Provincia de Santiago

Novas e eventos

Novidades, conferencias...

Estudantes en prácticas

titulo
A Provincia Franciscana de Santiago asinou un convenio coa Universidade de Santiago para que os seus alumnos, de todas as titulaciones, poidan realizar prácticas en calquera dos labores que realiza a provincia. A biblioteca pediu que viñesen seis alumnos de grado, dividos en dous periodos, e catro de máster, para quese familiaricen e aprendan aspectos relacionados coa biblioteconomía. A nosa idea é que saian cunha formación o máis completa posible e poidan familiarizarse con libros do século XVI, XVII ou XVIII. Polo momento os alumnos/as que estiveron connosco realizaron unha labor ingente, sempre estiveron cunha actitude proactiva e ávidos por aprender. Desde aquí agradecémoslles todo o que fixeron e esperamos que o noso traballo estivese á altura do seu esforzo. Así que grazas a Fernando, Martín, Paula, Silvia e Adrián, sabedes que podeis contar connosco para o que querais.
Provincia Franciscana de Santiago
Liceo Franciscano
Editorial El Eco Franciscano
Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia

Copyright © 2018 Biblioteca Franciscana - Todos os dereitos reservados | Privado - Aviso legal - Política de privacidade - Cookies // Web realizada por Ikono.es

Ir arriba